top of page

No funcionamento interno de Seiva empregamos procedementos de toma de decisións e resolución de conflitos extraídos da Facilitación. Así os acordos, tomados por consenso e por escrito sobre un panel do espazo de reunión, son á vez a palabra da persoa e do grupo.

ACORDOS

1. Utilización de linguaxe inclusiva.

2. Dinamización das reunións por quendas.

3. Descanso de 10 minutos nas reunións.

4. Participación equitativa.

5. Igualar o ton verbal nas reunións.

6. As reunións terán unha duración de 2 horas e requírese puntualidade.

7. Non interromper a outra persoa cando fala.

8. Coidar o espazo.

9. Aprobación de decisións por consenso.

10. Protocolo no caso de non acadar consenso: o punto concreto fica unha semana en suspenso e revísase na reunión posterior.

11. Os socios numerarios tributan un 30% á Asociación polos traballos para os que son contratados a través dela.

12. Aceptamos troco por traballo.

13. Para ser socia colaboradora requírese ter unha entrevista cunha persoa da Xunta Directiva e que esta dea o seu visto bo.

14. Para ser socia numeraria requírese unha entrevista co pleno da Xunta Directiva e pasar un período de 3 meses de traballo a proba.

15. Ás vías de actuación da Asociación (horta, bosque e rutas) dáselle o nome de Seivarterias.

16. A Asociación admite que haxa socias traballando fóra do seu ámbito xeográfico.

17. Os traballos de deseño gráfico para a Asociación a cargo de Paula Navarro sonlle remunerados cun 10% do valor do proxecto.

bottom of page