top of page

O cultivo ecolóxico é unha ferramenta imprescindible para a construción de estilos de vida sostibles. Pretendemos fomentar esta práctica entre cidadáns, cidadás e colectivos ampliando os seus  coñecementos do terreo para que logren autoabastecerse do meirande número de productos, mellorando así a súa alimentación e a súa saúde.

 

Propoñemos:

  • O deseño e xestión de hortas en sintonía con asentamentos urbanos como poden ser: escolas, patios, vivendas.

  • O mesmo deseño no rural: fincas, xardíns ou granxas.

 

Asumimos a execución destas tarefas formando aos usuarios para cultivaren de modo autosuficiente, dotándolles das técnicas básicas de cultivo ecolóxico:

  • Creación de invernadoiros.

  • Elaboración de compost e composteira.

  • Preparación de alcouves.

  • Controis de pragas.

  • Mellora das condicións do solo, abonos orgánicos.

  • Montaxe de sistemas de rego.

  • Clima e meteoroloxía.

  • Sembra directa e transplante.

  • Asociación de cultivos.

 

bottom of page