top of page

As rutas agroforestais son vías de encontro entre as persoas e o seu entorno. Buscamos sensibilizar á cidadanía proporcionando esta toma de contacto co seu legado natural cercano e moitas veces descoñecido.

O noso traballo abarca:

  • O deseño e execución das rutas.

  • O exercicio de guías que interpretan o terreo, transmitindo coñecementos e recursos in situ aos usuarios.

  • A dotación de recursos para o desenvolvemento autónomo de cadaquén (identificando pegadas de fauna ou especies de flora, aprendendo a orientarse).

  • Dinamización de zonas rurais a través de novas rutas que recuperen camiños tradicionais, revalorizando o territorio en concreto e implicando aos seus habitantes.

  • Creación de itinerarios.

  • Sinalización de camiños.

  • Elaboración de mapas de vexetación.

  • Rehabilitación de lugares de interese coma muíños de pedra que foron enclaves locais.

bottom of page